Unión del Pueblo Salmantino
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Unión del Pueblo Salmantino | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | rexionalismo e Liberalismo |
Data de fundación | 2002 |
Data de disolución | 2014 |
Sede | Salamanca |
País | España |
Na rede | |
http://www.uniondelpueblosalmantino.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Unión del Pueblo Salmantino (UPS, Unión do Pobo Salmantino en galego) foi un partido político da provincia de Salamanca, fundado en 2002, cunha ideoloxía salmantinista. Chegou a ser terceira forza política da provincia de Salamanca en canto a representación nas municipais.
Descrición
[editar | editar a fonte]O seu fundador foi José María Moreno Balmisa, antigo militante do CDS primeiro e do Partido Popular despois, co que sería deputado. En 1991, estivo implicado nun presunto caso de fraude electoral[1].
Ten comités en todas as bisbarras de Salamanca e en moitos das súas vilas e cidades. En decembro de 2005 algúns dos cargos e militantes de Unidad Regionalista de Castilla y León en Salamanca integráronse na Unión del Pueblo Salmantino (UPS).
Subscribiu no 2006 un protocolo de colaboración coa Unión del Pueblo Leonés para todo aquilo que afecte a ambas as dúas provincias, se ben non comparten ideoloxía e fins, aínda que sí o concepto de Salamanca coma provincia "leonesa".[2]
Ata as eleccións municipais de 2007 tiña alcaldes nos concellos salmantinos de Garcihernández, Valdecarros, Gomecello, Juzbado, Grosa e Pastores.
Nas eleccións municipais e autonómicas do devandito ano presentou máis de 160 candidaturas na provincia de Salamanca, abranguendo máis do 80% da poboación salmantina. Aspiraban a conseguir a ruptura do bipartidismo en Salamanca e a entrar con polo menos un procurador nas Cortes de Castela e León. Os resultados, non obstante, foron máis modestos. Nas autonómicas obtivo 7.965 votos (0,52%), que non lle deron dereito a ningún procurador.[3] Nas municipais, os seus resultados foron mellores, obtendo 10.179 votos e 85 concelleiros, con maioría absoluta en seis concellos e relativa en 3 con alcaldías en: Aldeanueva de la Sierra, Ituero de Azaba, Miranda de Azán, Navalmoral de Béjar, Puente del Congosto, Serradilla del Arroyo, El Tornadizo e Torresmenudas.[4] Tamén se presentou ás eleccións europeas de 2009, na coalición Liberas-Cidadáns de España, xunto co Partido de la Ciudadanía, Libertas e o PSDE. A candidatura obtivo 573 votos (un 0,37% dos votos na provincia), sendo a sexta forza política na provincia de Salamanca.[5].
Integrouse na Coalición SI por Salamanca, xunto a Democracia y Regeneración Política e diversas asociacións veciñais da provincia de Salamanca para concorrer ás eleccións municipais e autonómicas de 2011 nas cales conseguiron 69 concelleiros e catro alcaldías con maioría absoluta. Confirmándose coma terceira forza política da provincia. Tralas devanditas eleccións a coalición foi disolta.[6] En abril de 2013 a Unión del Pueblo Salmantino incorporouse na Confederación de Agrupacións Políticas Independentes (CAPI).[7] En febreiro de 2014, a Xunta directiva de UPS por unanimidade aprobou abrir negociacións con C's sobre a integración de UPS no partido Ciudadáns-Partido da Cidadanía[8][9]. O partido celebrou en marzo de 2014 un congreso que elixiu a nova directiva do partido, renovando a Luis Fuentes no cargo de presidente do partido. A nova directiva ten a misión principal de coordinar a integración da Unión del Pueblo Salmantino en Ciudadáns-Partido da Cidadanía[10][11]
O 25 de maio de 2014, a UPS concorreu ás eleccións ao Parlamento europeo dese ano en coalición con Ciutadans debido ao acordo que asinou en abril Ciutadans coa Confederación Nacional de Agrupacións Independentes (CAPI) á cal UPS pertence. Este acordo fixo que todas as formacións políticas de CAPI participaran coaligadas con Ciutadans[12][13][14]. Os resultados das eleccións deron coma resultado que Ciutadans e os seus aliados da coalición obtivesen dous deputados e a coalición logrou 2.068 votos (3,80%) na provincia de Salamanca[15].
A UPS disolveuse en xuño de 2014, decisión tomada no último congreso da formación salmantina, non sen voces discordantes que protestaron pola desaparición destas siglas, aínda que finalmente se logrou a unanimidade e supuxo o punto final dunha formación que nacera doce anos atrás. Unha parte dos seus afiliados pasaron a formar parte de Ciudadanos.[16]
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Resultados electorais de Unión del Pueblo Salmantino (UPS) | |||||
---|---|---|---|---|---|
Ano | Votos | % | Electos | ||
Municipais de 2003 | 7.410 | 3,44% | 58 | ||
Municipais de 2007 | 10.179 | 4,85% | 85 | ||
Municipais de 2011 | 6.836 | 3,41% | 69 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moreno Balmisa declara hoxe como acusado na fraude electoral, El País.
- ↑ "Relatorio político de UPS". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2013. Consultado o 02 de novembro de 2013.
- ↑ Resultados das eleccións autonómicas de 2007 en Castela e León
- ↑ "Resultados das eleccións municipais na provincia de Salamanca". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2016.
- ↑ Acordo do 23 de xuño de 2009, da Presidencia da Xunta Electoral Central, polo que se procede á publicación dos resultados das eleccións de Deputados ao Parlamento Europeo convocadas por Real Decreto 482/2009, do 3 de abril, e celebradas o 7 de xuño de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 24 de novembro de 2013.
- ↑ http://www.icalnews.com/Mostrar.cfm/noticias/I/union/pueblo/salmantino/ups/aprueba/integrarse/ciudadanospartido/ciudadania/301580
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 06 de marzo de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 06 de abril de 2014.
- ↑ http://lasarribesaldia.es/2014/03/25/luis-fuentes-nuevo-presidente-de-union-del-pueblo-salmantino/[Ligazón morta]
- ↑ http://www.capi-independientes.es/index.php?...capi...ciudadanos[Ligazón morta]...
- ↑ http://www.ciudadanos-cs.org/prensa/Ciudadanos_y_la..._/6775/
- ↑ alejandrobaezaserrano.blogspot.com/.../la-capi-apoya-tambien-ciudadan...
- ↑ http://www.elmundo.es/elecciones/elecciones-europeas/resultados/2014/08/37/p274.html
- ↑ http://www.elnortedecastilla.es/salamanca/201407/28/union-pueblo-salmantino-integra-20140728203056.html